I TORNEO DE XADREZ DANI DA ROCHA PROL

 

  Sub-16 Sub-14 Sub-12 Sub-10 Sub-08 Bases  

 

I TORNEO DE XADREZ DANI DA ROCHA PROL

 

 

Valedeiro para o VII Circuíto Galego Xadrez Promoción

 

Organizador do torneo:

Club de Xadrez Laroca
 

Data:

Xoves 17 de maio de 2012.
 

Lugar de xogo:

Pavillón Deportivo de Panxón (Nigrán - Pontevedra).
 

Categorías:

Sub-8 "Promesas": Nados nos anos 2004 e posteriores.
Sub -10 "Benxamín": Nados nos anos 2003 e 2002.
Sub -12 "Alevín": Nados nos anos 2001 e 2000.
Sub -14 "Infantil": Nados nos anos 1999 e 1998.

Sub -16 "Cadete": Nados nos anos 1996 e 1997.


Sistema de xogo:

Suízo a 6 roldas, elaborado cun programa informático.

Non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, agás erro na introdución manual de resultados.

 

Ritmo de Xogo:

Sub-8 e Sub-10: 20 minutos finish

Sub-12, Sub-14 e Sub-16: 15 minutos + 5 seg/mov
 

Horario de competición:

Roldas: 11:00, 12:00, 13:00, 16:30, 17:30, 18:30 horas.
Entrega de Premios e Clausura: 19:30 horas.
 

Inscrición gratuíta  na web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com no correo xadrezlaroca@yahoo.es ou nos teléfonos: 667503572 (Agustín) e 687692487 (Tino)

 

Prazo de inscrición:

         Ata o martes 15 de maio ou ata chegar a 150 xogadoras/es por orde de inscrición.

 

Desempates:

Buchholz medio,

Buchholz total

Progresivo ata as últimas consecuencias.

As partidas non disputadas computarán como táboas contra si mesmo para os efectos de Buchholz.

 

 

 

Xogadas ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida.
Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.
 

Inicio das partidas: Á hora indicada para o inicio da rolda, poñeranse en marcha os reloxos d@s xogador@s que teñen as pezas brancas. O tempo máximo permitido de retraso é ata a caída de bandeira.

 

Un xogador que non comparece a súa partida sen causa xustificada darase de baixa no Torneo. O motivo da ausencia debera notificarse á dirección do Torneo antes de publicar a seguinte rolda.

 

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.

 

Premios:

Trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría.

Trofeo para o xogador ou xogadora local mellor clasificado (Non acumulable).


Agasallos:

Todos os xogadores e xogadoras que rematen o Torneo obterán un pequeno obsequio e participarán nun sorteo de agasallos (consultar na web do Club).

 

A inscrición no torneo suporá a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.

 

Dirección do Torneo: Constantino González Levices e Agustín Álvarez González.

Árbitro principal: Patricio Salgado Alonso.
Árbitros auxiliares: Juan Represa Garazo, Francisco Javier Vázquez Alonso.


A Organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen máis aviso cá súa publicación na web:
http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.